Menu

A policía desaloxa o centro social Escarnio e Maldizer, en Compostela

A policía desaloxa o centro social Escarnio e Maldizer, en Compostela

Á primeira hora desta mañá axentes da Policía iniciaron o desaloxo do Centro Social Ocupado Escarnio e Maldizer, situado na rúa da Algalia de Santiago de Compostela, seguindo unha orde xudicial. No momento da súa chegada, non había ninguén no edificio, comezando posteriormente o traballo de tapiado do local.

O chamamento á solidariedade co centro social e cos seus ocupantes, realizado a través das redes sociais, levou á formación dunha pequena concentración de apoio, que non puido achegarse ata o lugar por mor dun intenso despregamento policial. Dende a web do espazo tamén se facía un chamamento: "Acude a apoiar á porta do espazo! Non á criminalización dos movementos sociais Defende os centros sociais. Defende Escarnio e Maldizer". Este chamado á mobilización concretouse na convocatoria dunha concentración de solidariedade para as oito do serán deste xoves.

O Concello compostelán, pola súa banda, confirma que a Policía interveu "por orde xudicial" e que o consistorio "non tiña detectado ningún problema de convivencia" pola actividade do centro. Neste sentido, e tras admitir a través do edil de Convivencia, Xan Duro, que o goberno local non fora informado previamente do desaloxo, dende o consistorio informouse da "paralización do tapiado" do edificio "por tratarse dun inmoble protexido" dentro do casco histórico da capital galega.

O espazo mantiña dende 2014 unha programación cultural, formativa e de lecer estable. O edificio, que fora o antigo local da agrupación de baile e canto tradicional Cantigas e Agarimos, quedara baleiro e sen actividade en 2011. Os e as integrantes do CSO Escarnio e Maldizer destacan na súa web que "o estado deste edifício antes de ser ocupado era de total despreocupaçom por parte das proprietárias, unha construtora, o qual deu pé ao seu contínuo e implacável deterioraçom. Por isto desde o primeiro momento venhem-se realizando trabalhos de restauraçom e limpeza para recuperar um espaço que nalgum tempo foi um importante foco da vida cultural do bairro, e da cidade, e que a especulaçom e a despreocupaçom polo património histórico e cultural levárom ao abandono". Ademais da programación cultural e formativa levada a cabo no espazo, o inmoble acollía varias entidades e colectivos.

[Castellano]

A primera hora de esta mañana agentes de la policía iniciaron el desalojo del Centro Social Escarnio e Maldizer, situado en la calle Algalia de Santiago de Compostela, a raíz de una orden judicial. A su llegada, no había nadie en el edificio, comenzando  el tapiado del local.

El llamamiento a la solidaridad del Centro Social y de sus ocupantes, realizado a través de la redes sociales, ha dado lugar a una concentración de apoyo, que no pudo acercarse al espacio social debido al despliegue policial. La página web del Centro Social también ha hecho un llamamiento: “¡Están desalojando Escarnio e Maldizer!. ¡Acude a apoyar a la puerta del centro!. No a la criminalización de los movimientos sociales. Defiende los Centros Sociales. Defiende Escarnio e Maldizer. Esta llamada a la movilización a dado como resultado una concentración de solidaridad el jueves a las ocho de la tarde.

El Ayuntamiento de Compostela, por su parte, ha confirmado que la policía ha intervenido “por orden judicial” y que el consistorio “no había detectado ningún problema de convivencia” por la actividad del Centro Social

El centro mantenía una programación cultural, educativo y recreativo. El edificio que fue la sede del grupo de baile y canto tradicionales Cantigas e Agarimos, había estado vacío y sin actividad del el 2011. Les integrantes del CSO Escarnio e Maldizer destacan en su web que “el estado de este edificio antes de ser ocupado era de una total despreocupación por parte de los propietarios, una empresa constructora, y que dio lugar a su continua y implacable deterioro. Por esto desde el primer momento se han realizado trabajos de restauración y limpieza para recuperar un espacio que algún tiempo fue un importante foco de vida cultural del barrio, y de la ciudad, y que la especulación y la despreocupación por parte del patrimonio histórico y cultural llevaron a su abandono”. aden´ñas de la programación cultural y educativa, llevada a cabo por el centro, el inmueble acogía a varias organizaciones y colectivos.

Guardar

Deja un comentario

Asegúrese de introducir toda la información requerida, indicada por un asterisco (*). No se permite código HTML.

volver arriba

Info(A)

 

Contrainfo

Miradas(A)

Opinión(A)

Anarcofeminismo

Eventos